Coñece ó noso equipo!
Anabel Soto
Co-Directora, Comunicación e RRSS, Programación de proxeccións
Co-Directora e programadora do Festival de cinema fantástico Fancine de Lemos e community manager do festival internacional de cinema fantástico Sombra de Murcia. Técnica en Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos e técnica en producción de proxectos audiovisuais e espectáculos.
Jorge G. Formoso
Co-Director, Webmaster, Programación de proxeccións
Programador de proxeccións e webmaster no Fancine de Lemos.
Técnico Superior en Secretariado, colabora con Anabel Soto na xestión técnica do festival. Desenvolve e mantén a web, ademais de traducir os seus contidos ás linguas cooficiais de España, combinando o seu interese autodidacta polos idiomas e a diversidade cultural.
Reinaldo Pereira
Xestor Cultural
Subdirector do festival internacional de cinema fantástico Nocturna de Madrid e cofundador da primeira revista española especializada en cinema asiático. Tamén exerce de programador e comisario en proxectos que se relacionen co cinema, a educación e sociedade.
Araceli Sanjurjo
Xefa de Prensa
Graduada en Nutrición humana e Dietética.
Ten un gran interese no mundo audiovisual, participou no festival Fancine de Lemos no departamento de produción, o que lle otorga a experiencia necesaria.
Juan Carlos López
Xefe de produción
Técnico en sistemas eléctricos e automáticos. Gran aficionado ao fantaterror e todo o relacionado co mundo audiovisual, participou no Fancine de Lemos no departamento de Produción dándolle gran experiencia na montaxe de equipos técnicos e exposicións.
Marc Castro
Programación de proxeccións
Programador en festivais de cinema como Nocturna Madrid, Craft Film, Fancine de Lemos, etc. Así como colaborador en radios e podcasts sobre o mundo do cinema. Defensor da curtametraxe como formato por si mesmo.
Adriana Pallas
Produción
Profesional de control de acceso a espectáculos públicos e
actividades recreativas.
Unha persoa activa, resolutiva e con gran humor que fai dela unha compañeira excepcional para traballar e con un gran interese no audiovisual.
Victoria Castro
Produción
Estudante de Química, perfeccionista e atenta aos detalles. Posúe o título de MTL e, como Scout dende pequena, destaca pola súa capacidade de dinamización e pola súa creatividade, cualidades que aporta ao equipo con gran dedicación.
Lucía Alcázar
Produción
Graduada no dobre grao de educación infantil e primaria, tamén monitora de tempo libre. Aínda que os filmes de fantaterror realmente lle aterran, ten gran interese no audiovisual, e sobre todo colaborará coas actividades infantís xa que conta con ampla experiencia neste campo.
Alejandra Sanjurjo
Produción
Estudante de Psicoloxía, é unha persoa chea de enerxía e empatía, cualidades que a fan insubstituíble no traballo con persoas. A súa capacidade para conectar cos demais e transmitir confianza convértena nunha aliada esencial en calquera equipo.
Brais Bello
Produción
Un compañeiro comprometido, sempre disposto a botar unha man e colaborar co equipo. Como desenvolvedor web, aporta unha visión técnica e creativa aos proxectos. A súa experiencia como controlador de accesos e monitor destaca pola súa capacidade organizativa e habilidades para tratar co público, sumando valor en calquera contorno.
Andrea López
Produción
Técnica en Automatización e Robótica Industrial, destaca pola súa eficacia e intelixencia na resolución de retos técnicos. A súa capacidade para atopar solucións eficientes, xunto coa súa personalidade colaborativa, convértea nunha compañeira de equipo excepcional.
Brais Alvarellos
Produción, Axudante de prensa
Técnico en produción de audiovisuais e espectáculos, fundador de Cam do Urko Producións, está comezando a dar os seus primeiros pasos na organización de eventos, fanático do fantaterror.
Categorizado
Co-Dirección
Anabel Soto, Jorge G. Formoso
Comunicación e RRSS
Anabel Soto
Xestión Cultural
Reinaldo Pereira
Produción
Juan Carlos López, Adriana Pallas, Victoria Castro, Lucía Alcázar, Alejandra Sanjurjo, Brais Bello, Andrea López, Brais Alvarellos
Programación de Proxeccións
Anabel Soto López, Jorge G. Formoso, Marc Castro