OS
NOSOS
PATROCINADORES

OS NOSOS PATROCINADORES

Coneix el nostre equip!

Anabel Soto

Anabel Soto

Co-Directora, Comunicación e RRSS, Programación de proxeccións
Co-Directora e programadora do Festival de cinema fantástico Fancine de Lemos e community manager do festival internacional de cinema fantástico Sombra de Murcia. Técnica en Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos e técnica en producción de proxectos audiovisuais e espectáculos.
Jorge G. Formoso

Jorge G. Formoso

Co-Director, Webmaster, Programación de proxeccións
Programador de proxeccións e webmaster no Fancine de Lemos. Técnico Superior en Secretariado, colabora con Anabel Soto na xestión técnica do festival. Desenvolve e mantén a web, ademais de traducir os seus contidos ás linguas cooficiais de España, combinando o seu interese autodidacta polos idiomas e a diversidade cultural.
Reinaldo Pereira

Reinaldo Pereira

Xestor Cultural
Subdirector do festival internacional de cinema fantástico Nocturna de Madrid e cofundador da primeira revista española especializada en cinema asiático. Tamén exerce de programador e comisario en proxectos que se relacionen co cinema, a educación e sociedade.
Araceli Sanjurjo

Araceli Sanjurjo

Xefa de Prensa
Graduada en Nutrición humana e Dietética. Ten un gran interese no mundo audiovisual, participou no festival Fancine de Lemos no departamento de produción, o que lle otorga a experiencia necesaria.
Juan Carlos López

Juan Carlos López

Xefe de produción
Técnico en sistemas eléctricos e automáticos. Gran aficionado ao fantaterror e todo o relacionado co mundo audiovisual, participou no Fancine de Lemos no departamento de Produción dándolle gran experiencia na montaxe de equipos técnicos e exposicións.
Marc Castro

Marc Castro

Programación de proxeccións
Programador en festivais de cinema como Nocturna Madrid, Craft Film, Fancine de Lemos, etc. Así como colaborador en radios e podcasts sobre o mundo do cinema. Defensor da curtametraxe como formato por si mesmo.
Adriana Pallas

Adriana Pallas

Produción
Profesional de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas. Unha persoa activa, resolutiva e con gran humor que fai dela unha compañeira excepcional para traballar e con un gran interese no audiovisual.
Victoria Castro

Victoria Castro

Produción
Estudante de Química, perfeccionista e atenta aos detalles. Posúe o título de MTL e, como Scout dende pequena, destaca pola súa capacidade de dinamización e pola súa creatividade, cualidades que aporta ao equipo con gran dedicación.
Lucía Alcázar

Lucía Alcázar

Produción
Graduada no dobre grao de educación infantil e primaria, tamén monitora de tempo libre. Aínda que os filmes de fantaterror realmente lle aterran, ten gran interese no audiovisual, e sobre todo colaborará coas actividades infantís xa que conta con ampla experiencia neste campo.
Alejandra Sanjurjo

Alejandra Sanjurjo

Produción
Estudante de Psicoloxía, é unha persoa chea de enerxía e empatía, cualidades que a fan insubstituíble no traballo con persoas. A súa capacidade para conectar cos demais e transmitir confianza convértena nunha aliada esencial en calquera equipo.
Brais Bello

Brais Bello

Produción
Un compañeiro comprometido, sempre disposto a botar unha man e colaborar co equipo. Como desenvolvedor web, aporta unha visión técnica e creativa aos proxectos. A súa experiencia como controlador de accesos e monitor destaca pola súa capacidade organizativa e habilidades para tratar co público, sumando valor en calquera contorno.
Andrea López

Andrea López

Produción
Técnica en Automatización e Robótica Industrial, destaca pola súa eficacia e intelixencia na resolución de retos técnicos. A súa capacidade para atopar solucións eficientes, xunto coa súa personalidade colaborativa, convértea nunha compañeira de equipo excepcional.
Brais Alvarellos

Brais Alvarellos

Produción, Axudante de prensa
Técnico en produción de audiovisuais e espectáculos, fundador de Cam do Urko Producións, está comezando a dar os seus primeiros pasos na organización de eventos, fanático do fantaterror.

Categoritzat

  • Xestión Cultural

    Reinaldo Pereira

  • Produción

    Juan Carlos López, Adriana Pallas, Victoria Castro, Lucía Alcázar, Alejandra Sanjurjo, Brais Bello, Andrea López, Brais Alvarellos