OS
NOSOS
PATROCINADORES

OS NOSOS PATROCINADORES

Manual de Supervivencia

Benvido/a á páxina do Manual de Supervivencia de Lóstrego, unha guía imprescindíbel para gozares ao máximo do Festival de Cinema Fantástico da Coruña. Este manual foi elaborado para que, tanto se és novo/a no festival como se xa és un habitual, atopes toda a información precisa para desprazarte, aloxarte, xantar e descobrir todo o que o festival e a cidade teñen para ofrecerche.

Nas súas páxinas atoparás:

  • Consellos prácticos para desfrutar do festival.
  • Información sobre transporte, aloxamento e gastronomía local.
  • Actividades culturais e turísticas na Coruña e nas súas contornas.

O manual está deseñado para que a túa experiencia en Lóstrego sexa inesquecíbel e que poidas aproveitar ao máximo a túa visita. Está dispoñíbel tanto para consulta directa na web como para descarga, por se prefires telo sempre a man no teu dispositivo.

Manual de Supervivencia Galego

 

Prepárate para vivir unha experiencia única. ¡Vémonos en Lóstrego!