OS
NOSOS
PATROCINADORES

OS NOSOS PATROCINADORES

Prazo aberto para Lóstrego en 60”

Ola apaixonados do cine! Vos comunicamos que xa está aberto o prazo para presentar os vosos traballos na sección de Lóstrego en 60”. Unha sección adicada a curtas dun minuto gravadas con teléfono móvil na que poderedes demostrar que con poucos recursos e imaxinación tamén é posible facer audiovisual. Animádevos a participar, tendes ata o 30 de Agosto! Podedes ver as bases e subir as vosas pezas na páxina de Lóstrego en 60”. Tende en conta que ás veces nalgúns dispositivos a subida de arquivos falla, neste caso, escribídenos a info@lostregofestival.com

Sección oficial de curtas. Prazo aberto.

Moi boas a tod@s. No post de hoxe vos ensinamos onde tedes que subir as vosas curtas para a sección oficial do festival. Como é usual, usamos a plataforma Festhome para xestionar as curtas que aplican a ser escollidas na dita sección desta edición 2025, habendo distintas categorías nas que podedes inscribir as curtas dependendo de onde cadren. Para proceder á subida debe facerse mediante a plataforma Festhome seguindo a seguinte ligazón: https://filmmakers.festhome.com/es/festival/lostrego-festival PREMIOS E CALIFICACIÓNS Un xurado escollido polo festival outorgará o premio á mellor curtametraxe nacional e internacional e o público escollerá por votación o premio especial do público. A organización de Lóstrego será a responsable de escoller a mellor curtametraxe galega.   SECCIÓN OFICIAL DE CURTAMETRAXES Serán aceptadas as curtametraxes de ficción e animación de temática fantástica, de terror ou ciencia-ficción, ccon calquera data de produción. O tempo de duración das curtametraxes non poderá ser superior ós 20 minutos e só se admitirá a competir ara un límite dun por director, contabilizando tamén as colaboracións con outros directores. Versiones: Todas as curtametraxes participantes presentaranse en versión orixinal e aqueles nos que a lingua orixinal non sexa o castelán, deberán vir con subtítulos neste idioma. Se tendes algunha dúbida podedes usar o noso formulario de contacto.

Lóstrego en 60”

Comprácenos comunicar que xa están publicadas as bases de “Lóstrego en 60”, unha sección adicada únicamente a pezas gravadas con teléfono móbil e de 1 minuto máximo de duración. En Lóstrego apostamos por darlle visibilidade á mocidade interesada na cultura e o audiovisual e demostrar que con poucos recursos e imaxinación todo é posible. Podedes atopar as bases na páxina de Lóstrego en 60”. Próximamente engadiremos máis información e concretaremos o método de envío das pezas.