Plan de igualdade e inclusión
En Lóstrego, Festival de Cinema Fantástico de A Coruña, comprometémonos a construír un espazo onde a igualdade, a diversidade e a inclusión sexan valores fundamentais en cada unha das nosas accións. Creemos firmemente na creación dun ambiente seguro, respectuoso e accesible para todas as persoas que forman parte do noso festival: público, participantes, colaboradores e equipos técnicos.
O Plan de Igualdade e Inclusión que presentamos a continuación recolle as nosas políticas, protocolos e medidas específicas orientadas a garantir a igualdade de oportunidades e o respecto á pluralidade en todas as fases do evento. Desde a planificación ata a execución, traballamos para que Lóstrego sexa un referente de convivencia, diversidade cultural e inclusión social.
Ademais, incluímos información relevante sobre contactos de servizos de emerxencia e apoio externos, dispoñibles para calquera situación que puidese xurdir durante o desenvolvemento do festival.
Convidámoste a consultar o documento completo a continuación para coñecer máis en detalle as nosas accións e compromisos:
Ademáis, tal como recolle o noso plan, deixamos á vosa disposición o formulario anónimo. O mail só se recolle para mandar a confirmación de recepción do formulario ou en caso de que se elixa ter resposta.